Os caligramas

Denominamos caligrama a aquela creación literaria na que a tipografía, caligrafía ou texto manuscrito se dispón de tal xeito que se crea unha imaxe visual que remite ao contido expresado lingüisticamente polas palabras.

Guillaume Apollinaire.


No século XX, o caligrama apareceu como unha composición característica das vangardas de comezos de século e máis concretamente co cubismo, creacionismo e ultraísmo, de tal xeito que o cubista Guillaume Apollinaire, famoso creador deste tipo de composicións, pasou a ser considerado o pai dos caligramas, seguido do creacionista chileno Vicente Huidobro.
Mais non debemos esquecer que o caligrama se remonta xa á cultura grecorromana, concretamente ao século I a.C. Na seguinte presentación poderás ver exemplos da historia dos caligramas:

Nestoutra presentación poderás ver unha selección de caligramas e colaxes realizada por alumnos e alumnas do IES de Porto do Son.

E aquí tes un vídeo feito a partir dos caligramas elaborados polos alumnos do IES Pino Manso( O Porriño) en Educación Plástica e Visual para a exposición sobre o Mar, coincidendo co Salón do LIbro Infantil e Xuvenil de Pontevedra(curso 2008-2009).




Podes ver tamén a galería de caligramas da Wikimedia Commons, lembra que podes utilizar legalmente as imaxes dese proxecto para as túas creacións académicas e artísticas sempre e cando cites a fonte.

Agora podédesvos animar a facer unha exposición propia de caligramas no voso centro.